Marcial Gondar Portasany

Marcial Gondar Portasany é Doutor em Filosofia (Antropologia cultural) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e em Sociologia pola Universitá della Sapienza de Roma. Catedrático de Antropologia Social na USC, é membro da European Association of Social Anthropology, da Seção de Etnografia do Seminário de Estudos Galegos (CSIC) e da Seção de Património do Conselho da Cultura Galega. Trabalha temas de Identidade, Epistemologia política e Antropologia Aplicada, esta última com especial referência ao tema da saúde mental. Entre os seus trabalhos encontram-se: Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller galega (1991); Espiritados. Ensaios de Etnopsiquiatría galega (com E. Gonzalez, 1992); Crítica da Razón Galega. Entre o Nós-mesmos e o Nós-outros (1992); “Virxilio Vieitez ou a realidade en traxe de domingo: unha lectura antropolóxica en VV” (Virxilio Vieitez. O retrato, 2000); “As caricaturas dos lectores: antropoloxía hermenéutica dos debuxos de Castelao” (Castelao. Co pensamento en Galiza, 2001); “Entre el si y el no. Retrato antropológico de Galicia” (Galicia. Una luz en el Atlántico, 2001); “Psiquiatría, Emigración e Muller na Galiza non urbana de hoxe” (Antropoloxía e Psiquiatría. Homenaxe a Antonio Rodriguez López, 2003) ou Antropoloxía Aplicada (1994, 1997 e 2000).
Currículo